Xestión pública das extraescolares

  • As actividades extraescolares forman, de xeito relevante, parte do itinerario educativo das alumnas e alumnos de infantil e primaria. Tamén configuran un espazo educativo necesario facilitador da conciliación da vida laboral e familiar.
  • Polo tanto, a importancia das actividades extraescolares realizadas fóra do horario lectivo é absolutamente fundamental, polo que forma parte das responsabilidades e obrigas das administracións públicas e concretamente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
  • Non obstante nas últimas décadas a administración autonómica abstense sistematicamente de intervir nunha materia da súa competencia, xerando unha ampla variedade de fórmulas para suplir a deixación de funcións da Consellería de Educación.
  • A fórmula máis recurrida, e cun maior grado de desenvolvemento, é a asunción por parte da administración municipal dunha tarefa que non lle é propia mais que asume de xeito adecuado e socialmente responsable.
  • En Betanzos é a ANPA Brigantium en solitario a que asume a organización e xestión das actividades extraescolares, o que supón un agravio para a comunidade escolar betanceira, sobre todo se o poñemos en relación ao modelo vixente nas outras cidades que conforman a nosa contorna máis próxima.
  • Por iso, de forma proactiva a comunidade escolar do Vales Villamarín a través da ANPA Brigantium busca crear un espazo de consenso e entendemento que facilite o concurso do conxunto da sociedade no ensino público e de calidade, a través dun maior compromiso do Concello de Betanzos na mellora das actividades extraescolares e a conciliación da vida laboral e familiar. 

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos