Transporte escolar

  • O centro conta con dez liñas de autobuses dependentes da Consellería de Educación, para o transporte escolar do alumnado que, polo seu lugar de empadroamento, ten dereito a este servizo complementario e gratuíto. Funciona ademais, polas zonas máis céntricas de Betanzos, unha liña de carácter privado e non gratuíta.
  • O alumnado usuario das once liñas de transporte accederá ao interior do recinto escolar no momento en que chegue ao mesmo, alí agardará, baixo a supervisión e o control do profesorado asignado a tal efecto, polo inicio da xornada lectiva.
  • As acompañantes do transporte recollen o alumnado do Edificio de Infantil dentro do recinto escolar, aínda que non é a súa obriga. Pregamos que valoredes a súa boa disposición e que facilitedes a saída do alumnado de infantil, non obstruíndo o seu paso.
  • Cando un alumno ou alumna cause baixa no transporte escolar ou cambie de ruta, deberá comunicalo na secretaría do centro.
  • O alumnado que solicitou uso excepcional de transporte, deberá esperar a que se lle autorice.
  • Cómpre indicar que, antes do inicio da xornada lectiva, só o alumnado de transporte escolar está baixo a responsabilidade do profesorado anteriormente citado, pois é o único que se ve na obriga de acceder ao centro con moita antelación ao comezo das clases.
  • O alumnado que non utiliza o transporte escolar debe acceder ao recinto coa mínima e suficiente antelación ao inicio da xornada lectiva.
  • Apelamos á comprensión e ao civismo dos familiares do noso alumnado á hora de estacionar os seus vehículos particulares, tanto ao inicio como ao remate da xornada escolar. A magnitude do noso centro esixe, aínda máis, da colaboración de todos e todas.
  • Igualmente lembrámosvos que calquera incidencia relacionada co transporte escolar é reponsabilidade da dirección do centro e só diante desta dirección deben presentarse as oportunas comunicacións e reclamacións.
page2image38552 page2image38712

transporte_escolar_sinalizacion_2801.jpgGilsanz.jpg   Arriva.jpg

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos