BO NADAL

18/12/2016

Xa chegan as desexadas e ben merecidas Vacacións de Nadal, do 22 de decembro de 2016 ata o 6 de xaneiro de 2017, ambos os dous inclusive. 

A entrega de boletíns informativos da primeira avaliación será o 20/12/2016 como testemuño de que unha parte relevante do curso escolar xa está desenvolta e cumprida.

BO_NADAL_2016-2017_p.jpeg

Desexamos un bo nadal e feliz anivovo a todas as que compoñemos a comunidade educativa do Vales Villamarín, ás nenas e nenos especialmente, ás familias, ao proferorado e a toda persoa que sinte e vive o Vales como propio.

Este curso 2016-2017, todas as aulas e niveis comparten a formación e a aprendizaxe a través dun fermoso e estimulante proxecto colaborativo. Tamén as familias en nadal son un espazo valioso e digno para avanzar DESCUBRINDO AS CORES DO MUNDO.

Betanzos como punto de partida e UNHA VIAXE EN GLOBO sosegada e respectuosa, cunha tripulación de nenas e nenos únicos e diversos, acompañados de familias únicas, diversas e coa mente aberta a próximas e distantes xeografías humanas, que conforman unha ampla e rica diversidade que a través do coñecemento nos enriquece e fai mellores.

O Nadal é camiñar, viaxar e soñar xuntos. 

Boas vacacións¡¡

Bo Nadal¡¡

e Feliz Aninovo¡¡

BO_NADAL_2016-2017.pdf

BO_NADAL_ANPAS_GALEGAS.jpg

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos