ATA SEMPRE BLOG, BENVIDA WEB

14/11/2016

Hoxe, 14 de novembro de 2016 o blog anpabrigantium.blogaliza.org cede o testemuño á web anpabrigantium.org. Desde agora a ferramenta central da Anpa para facilitar a comunicación das nais e pais da comunidade educativa do CEIP VALES VILLAMARÍN, será o local web da ANPA, por iso é momento de recoñecer, non sen certa nostalxia, o importante e valioso servizo que ten prestado o Blog.

Ata sempre Blog da Anpa Brigantium, digno antecesor do Local Web da Anpa Brigantium. A comunicación interna e externa da Anpa da comunidade educativa do Vales Villamarín pasa a apoiarse na web, coa intención de facer unha achega á labor realizada polo Local Web do CEIP VALES VILLAMARÍN http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/

En todos os ámbitos do espazo social o importante é dialogar, falar e comunicar. Tamén na rede; ata o de agora foi en anpabrigantium.blogaliza.org e desde hoxe será en anpabrigantium.org

BlogAnpaBrigantium.png

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos