Mañanceir@s e Comedor 

  • Servizo creado e xestionado directamente pola ANPA durante un longo período de tempo. Despois de innumerables e persistentes iniciativas e solicitudes da comunidade escolar, desde o 2013 coa xestión asumida polo Concello de Betanzos.
  • O servizo de mañanceir@s e comedor no CEIP Fco. Vales Villamarín é un servizo que xestiona o Concello de Betanzos, integrado no centro e subordinado á comunidade educativa.

O servizo funciona durante todos os días lectivos.

  • No caso do Comedor en horario de 14:00 a 16:00. 
  • No caso de Mañanceir@s en horario de 7:30 a 9:00 de mañá.
    (confirmar horarios no Colexio)

Todo o alumnado do colexio ten dereito a usar este servizo.

  • Tanto o prezo coma as diferentes modalidades de servizo poden ser consultadas no Concello de Betanzos.

A inscrición realízase directamente no concello onde teñen unhas follas de inscrición para tal efecto.

  • As solicitudes realizaranse nas oficinas municipais situadas na Praza de Galicia n.º 1, edificio Liceo, en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Se necesitas máis información sobre estes servizos, podes preguntar nas oficinas do Concello de Betanzos.

TARIFAS_MUNICIPAIS_COMEDOR_E_MANANCEIROS-AS.pdf

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos