Nin Lomce, nin reválidas

LOMCE é o acrónimo de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, o que constitúe a introdución no ámbito do ensino da maior e máis destrutiva contradición que historicamente se ten perpretado.

A coñecida popularmente como Lei Wert é fortemente regresiva e involucionista:

  • Lamina a igualdade de oportunidades cosubstancial ás democracias avanzadas.
  • Privilexia o ensino privado e relega o ensino público.
  • Introduce a relixión católica como materia avaliable contra o criterio socialmente maioritario da aconfesionalidade do Estado.
  • Recentraliza erosionando a riqueza que supón a diversidade cultural e lingüística.
  • Recupera do pasado figuras caducas e resesas como as reválidas.

A Lomce é tan sumamente prexudicial para o ensino público de calidade que a opción máis responsable é a súa derrogación, e sobre o consenso e o diálogo sentar as novas bases para un pacto educativo estable e duradeiro.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos