Actividades Extraescolares 2016-2017, promovidas pola ANPA Brigantium

  • Unicamente se levarán a cabo aquelas actividades ofertadas que teñan un número mínimo de asistentes.
  • A organización establecerá un número máximo de asistentes por actividade.
  • Faise público o calendario provisional das Actividades Extraescolares ao inicio do curso e ábrese o prazo de inscrición.
  • O calendario provisional pode estar suxeito a modificacións en base ao número de alumnos/as matriculados/as. 
  • O calendario definitivo estará exposto nas portas do CEIP Fco. Vales Villamarín a finais de setembro e será publicado en anpabrigantium.org.
  • A organización resérvase o dereito de modificar e/ou anular as actividades. As modificacións e/ou anulacións serán comunicadas.
  • Non se permitirá a estancia dos pais/nais/titor@s nas instalacións durante o desenvolvemento das actividades. Pedirásevos puntualidade á hora de recoller os/as alumnos/as ao finalizar a actividade.
  • O prazo de inscrición está establecido do 12 ao 19 de setembro, ambos inclusive (é moi importante, respectar o período de inscrición).
  • Entrega da solicitude na Secretaría do CEIP Fco. Vales Villamarín ou na Caixa de Correo da Anpa situado na porta principal do Edificio A. Data límite 19 de Setembro.
  • As actividades comezan o luns 3 de outubro e rematan a finais de maio.
  • O prezo por actividade é de 100€/curso, para os/as socios/as da ANPA (agás Patinaxe Perfeccionamento: 90€), e de 125€/curso para os/as non socios/as (agás Patinaxe Perfecc. 115€). O pago poderá realizarse de forma fraccionada en dous prazos (50€/65€, 1ª quincena de outubro, e 50€/60€, 1ª quincena de xaneiro).
  • Darase de baixa das actividades a aqueles alumnos/as que non estean ao corrente do pago das cotas.
  • O funcionamento das actividades extraescolares está suxeito ás regras de réxime interno do centro e da organización.
  • O ingreso realizarase na seguinte conta bancaria, indicando o nome do alumno/a e a actividade/s inscrita/s:
  • Oxígeno Gestión: ES36-2080-0006-4230-4003-0221 (ABANCA) 
page1image203816

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos