Demanda cidadá unanimemente impulsada

A ANPA Brigantium e o conxunto da comunidade educativa do CEIP Francisco Vales Villamarín, así como o conxunto da cidadanía de Betanzos ten definido con claridade a posición a favor da superación do modelo de aulario e a creación da Escola de Educación Infantil con carácter independente e adscrita ao CEIP Francisco Vales Villamarín.

O aulario no que están escolarizados todos os alumnos e alumnas de Betanzos do tramo de Educación Infantil, é resultado dunha decisión política do Goberno Galego adoptada de costas á comunidade educativa con falta de transparencia, nocturnidade e alevosía e que se manifesta como unha medida negativa e lesiva a respecto duns parámetros socialmente aceptables da calidade do ensino.

En Betanzos temos conseguido sentar as bases para o restablecemento da unidade cívica e política a favor da transformación do aulario en colexio independente.

Aspectos que teñen sido trasladados formalmente á Consellería de Educación, concretamente a necesidade de iniciar os trámites para a entrada en funcionamento do Cole Novo sen obter resposta. 

Desde a ANPA BRIGANTIUM agradecemos sinceramente todos os apoios recibidos á iniciativa da comunidade escolar, e animamos a continuar participando con claridade e decisión na percura do Cole Novo, no convencemento de que a aportación de todas as entidades e persoas suma para a consecución do obxectivo común dun ensino público de calidade.

Colenovononaulario.jpg


2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos