Carta á Presidencia da Xunta

Asociación de Nais e Pais da ANPA Brigantium do CEIP Francisco Vales Villamarín. R/Carregal, no4 15300 Betanzos (A Coruña)

AO SEÑOR ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, PRESIDENTE DO GOBERNO GALEGO

Edificio administrativo de San Caetano s/n 15704-Santiago de Compostela

O pasado curso 2013-2014 o compromiso do Goberno Galego con Betanzos e a súa Comunidade Educativa de construción da escola de educación infantil en Betanzos, quedou reducido á construción dun simple aulario, anexo ao xa existente CEIP Francisco Vales Villamarín.

A Comunidade Educativa de Betanzos unanimemente valorou negativamente este cambio de posición do Goberno Galego, xa que aquel recorte supuxo desatender a demanda cidadá de Betanzos, e a súa área educativa, de mellora en materia educativa.

Isto ten implicado:
-A falta de soluci
ón adecuada ao problema de masificación que durante décadas leva sufrindo o alumnado de infantil e primaria e as súas familias.

-Subtraer os recursos orzamentarios que por xustiza e sentido común lle corresponde ao ensino de Betanzos, negándolle ás nenas e nenos da nosa área educativa a asignación orzamentaria que implica a creación do colexio novo.

-Negar a ampliación de persoal docente e non docente que supón a creación do colexio novo. -Impedir a mellora de organización pedagóxica que implica que a nova escola de educacióinfantil sexa un centro independente do actual.

O pasado curso 2013-2014 a adopción daquela medida que xulgamos inxusta supuxo a frustración e o desánimo da comunidade educativa e do conxunto da cidadanía betanceira.

Non obstante, unha sociedade con vocación de avanzar nos parámetros sociais propios das sociedades avanzadas, amósase activa na busca de medios e recursos para o ensino, porque non hai inversión máis necesaria para as sociedades que a realizada en educación e no ensino público, vertebrador do máis efectivo espazo de igualdade de oportunidades.

Así, a través de ANPA Brigantium, a totalidade da comunidade educativa exerceu de catalizadora para a expresión da vontade cidadá a respecto do longamente demandado novo colexio para a nosa área educativa, dando como resultado o maior e máis amplo proceso de concertación cidadá e expresión da vontade popular que historicamente se ten producido no ámbito educativo na cidade de Betanzos e a súa contorna.

Ofrecemos, facéndolle entrega da relación de 3.507 sinaturas a prol do colexio novo, a nosa máis sincera colaboración na creación dun espazo de diálogo que aproxime a posición e adopción de medidas concretas do goberno galego á vontade expresada da cidadanía.

Por iso instamos ao Goberno que vostede preside, a que a través da Consellería de Educación da Xunta de Galicia inicie os trámites para superar o modelo de aulario coa creación para o curso 2015/2016 da Escola de Educación Infantil, adscrita ao CEIP Francisco Vales Villamarín.

Atentamente,

En Betanzos a 8 de maio de 2015 

Asinaturas_Cole_Novo_Non_aulario.jpg

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos