Descontos a persoas asociadas  da ANPA no Comercio de Betanzos

Da iniciativa de engadir máis valor ao feito de asociarse á ANPA Brigantium e á ANPA Carregal, xurde o Convenio ANPA BRIGANTIUM-ANPA CARREGAL-ACCEBE (Asociación de comerciantes e empresarios de Betanzos), que faculta a todas as persoas asociadas a adherirse a descontos nas compras.

O único requisito para acceder ao desconto é identificarse no establecemento comercial a través da presentación do carné da ANPA.

Os establecementos comerciais con interés en participar nesta iniciativa deben poñerse en contacto coa ANPA.

As comunidades educativas do CEIP Vales Villamarín e do IES Francisco Aguiar, actúan con responsabilidade a respecto do entorno social ao que pertencen e favorecen o comercio de proximidade por calidade de servizo e polos seus efectos positivos en términos de xeración de riqueza e emprego.

A continuación pode ver as tendas e os descontos que a día de hoxe ofrecen as diferentes tendas de Betanzos e bisbarra no marco deste convenio:

LISTADO_COLABORADORES_CONVENIO_ACCEBE_ANPAS_ACTUALIZADO_NOV_2016.pdf

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos