A ANPA necesita, para o seu bo funcionamento, da participación voluntaria das familias que forman parte da comunidade escolar do Vales Villamarín.

Asembleas e reunións permanentes

A asistencia ás reunións da Xunta Directiva que é, previa solicitude, aberta a todas as nais e pais permite facer sentir a túa voz, resolver dúbidas, facer propostas e coñecer de primeira man o día a día da ANPA e o Cole. As reunións da Xunta Directiva prodúcense con asiduidade e só tes que contactar con calquera das persoas integrantes da mesma.

Tamén é importante a asistencia ás asembleas nas que se aproban os orzamentos, se renovan os cargos da xunta directiva (Asemblea Xeral) e se someten a valoración e votación os aspectos xerais do funcionamento da ANPA (Asemblea Xeral e Asemblea Extraordinaria se é o caso).

A Asemblea Xeral é convocada ao menos unha vez ao ano. As Asembleas Extraordinarias convócanse segundo as circunstancias e coa antelación suficiente para que todas as nais e pais da comunidade educativa poidan asistir.

Outras maneiras de participar

Se non dispós de tempo para participar nas xuntanzas ordinarias porque estas non se adaptan ao teu horario, hai outras formas de participar: 

  • Para facer chegar as túas suxerencias ou propostas, as boas ideas son moi importantes. Podes facelo a través do correo electrónico anpabrigantium@gmail.com, mediante comunicación escrita trasladada a través do Buzón da ANPA na porta principal do edificio A ou directamente a través de calquer nai e pai que participa activamente na Xunta Directiva.
  •  Podes participar nas actividades puntuais que promove a ANPA dentro e fóra da escola.
  •  Podes poñer á disposición da Xunta Directiva información, proxectos ou contactos que poidan ser do teu interés.
  • Podes enviar unha reflexión, suxerencia ou proposta para enriquecer o debate democrático previo a toda toma de decisións no seno da ANPA.
  • Podes compartir a túa valoración e opinión nas redes sociais da ANPA co resto das nais e pais. 

Para mantervos informad@s

A ANPA pon á túa disposicón unha serie de canles para facilitar a comunicación e poder estar ao día das últimas novidades; circulares, notas informativas e publicacións no perfil oficial de facebook.

É recomendable consultar a sección Novas deste Local Web de maneira regular.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos