Axenda escolar

Ao inicio do curso escolar a ANPA fai entrega a todo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dun exemplar da Axenda Escolar.

Serve de soporte físico para establecer unha canle de comunicación permanente entre nais e pais, alumnado e profesorado, que desde a súa implantanción ten xerado efectos positivos.

É unha ferramenta útil para facilitar o concurso nunha tarefa común das nais e pais e o profesorado, e para o fomento da responsabilidade e autonomía personal do alumnado.

No marco dunha relación fluida, de confianza e de permanente diálogo entre a familia e o titor/titora é responsabilidade das nais e pais:

  • Coñecer o seu contido e a súa utilidade.
  • Promover un uso responsable da axenda escolar polas nosas fillas e fillos.
  • Revisar con asiduidade os diversos apartados que compoñen a axenda.
  • Ler e contestar as comunicacións que nos envíen ás titoras e titores.
  • Enviar á titora ou titor as comunicacións que consideremos oportunas: xustificantes de retrasos e ausencias, observacións das familias sobre o proceso educativo, petición de entrevistas de titoría, autorización de saídas ás actividades complementarias e extraescolares ou calquer outro aspecto na comunicación entre as familias e ás titoras e titores.

Porque a axenda escolar permite:

  • Planificar as tarefas escolares, calendario escolar, planificación mensual e semanal, resultado das avaliacións, control de tarefas, exames pendentes e probas extraordinarias.
  • Mellorar as canles de comunicación continuada entre o profesorado e a familia para favorecer o proceso educativo da nosa filla ou fillo.

 

 

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos