Como asociarse:

Cumprimentando a folla de inscrición de soci@s. Podes descargar a folla nesta páxina web ou solicitala en Secretaría no colexio.

  • Cando?   do 1 de xuño ao 16 de novembro.
  • Canto? 10€ por familia e ano.

Vantaxes:

  1. Descontos nas actividades extraescolares planificadas  (25€ de aforro por actividade).

  2. Descontos noutras actividades organizadas pola ANPA nas que sexa preciso realizar aportación económica.

  3. Descontos en varios establecementos de Betanzos (ver establecementos nesta web)

  4. Voz no consello escolar a través da ANPA.

  5. Actividades gratuítas (Detectives Brigantium, charlas……)

  6. Asesoramento escolar.

Preme aquí para descargar a folla de inscrición de socio 2016-2017

INFORMACIÓN:
Prazo de inscrición : 1 xuño a 16 de novembro de 2.016

Cota socio/familia/curso académico: 10€ (pago anual)

page1image53952 page1image54112

O ingreso deberá facerse na seguinte conta da ANPA Brigantium en //ABANCA

IBAN: ES14

2080

3101

05

3040052571

Para poder ser dado de ALTA como socio/a da ANPA deberás entregar esta folla debidamente cumprimentada, xunto cunha copia do xustificante do ingreso bancario, en calquera destes sitios:
  • Secretaría do CEIP Fco. Vales Villamarín
  • Caixa de correos da ANPA (na porta de entrada do edificio A do colexio)
  • Vía e-mail á dirección de correo do ANPA (anpabrigantium@gmail.com)
  • Recomendamos como garantía de pago gardar copia do xustificante do ingreso bancario.
  • Os ingresos tamén poderán realizarse de forma gratuita a través de caixeiro automático.
  • Tanto mediante transferencia como por ingreso a través de caixeiro automático, resulta indispensable cumprimentar os datos do ordenante para a túa identificación.

4 razóns+para pertencer a unha ANPA

  • Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
  • Pola necesidade da unidade da comunidade educativa á hora de reinvidicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
  • Porque o movemento de nais e pais agrupados fan que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto polas Administracións.
  • Porque é necesario o concurso de todas e todos para mellorar a calidade do ensino para os nosos fillos e fillas.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos