A ANPA Brigantium

Formámola as nais e pais do alumnado que cursa estudos no CEIP Fco. Vales Villamarín.

Somos unha entidade sen ánimo de lucro, de acordo con estatutos dos que nos dotamos temos vocación de participación nos espazos de mellora e potenciación do ensino público.

A finalidade social da Anpa, estatutariamente definida e socialmente compartida, concrétase en:

  • Asistir as nais, pais e titor@s en todo aquilo que concierne á educación das nenas e nenos.
  • Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.
  • Promover a participación das nais e pais na xestión do Centro.
  • Asistir ás nais e pais no exercicio do dereito a intervir no control e xestión do Centro.
  • Facilitar a representación das nais e pais no Consello Escolar.
  • Estimular a participación das nais e pais na programación xeral de forma ordenada.
  • Fomentar as relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais da contorna.
  • Promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, así como a efectiva igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou xénero.
  • Requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, recibindo a atención e axudas que esta merece.
  • Promover actividades formativas, culturais e de estudo.
  • Promover espazos de colaboración das nais e pais co profesorado potenciando un marco de boas relacións.
  • E todas as demais iniciativas das nais e pais non recollidas nos estatutos que sexan conformes á lei.


LOGO_ANPA_BRIGANTIUMp.jpg

ESTATUTOS_ANPA_BRIGANTIUM.pdf

Cargando galería...

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos